CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Ter un traballo non é sinónimo de vivir dignamente"

01/05/2018 - 08:21 h

A CIG, UXT e Comisións Obreiras chaman a sair á rúa neste 1 de Maio como antesala de novas mobilizacións polos dereitos da clase traballadora.

Os responsables das tres centrais sindicais, Paulo Carril, Jose Antonio Gómez e Ramón Sarmiento, coinciden na diagnose dunha situación en que "ter un traballo non é sinónimo de vivir dignamente". Describen un escenario de desigualdade e precariedade que contrasta co crecemento de dividendos nas grandes empresas, o que atribúen ás políticas que o Goberno asentou "coa coartada da crise".

Os tres sindicatos tamén anunciaron un incremento das mobilizacións nas próximas semanas, en que a CIG convocará unha folga xeral en Galicia. UXT e Comisións só contemplan apoiala en caso de que o paro fose a nivel estatal.

Sobre a falta de unidade sindical neste 1 de Maio, ao que acoden por separado, o secretario xeral da CIG considera que saír xuntos á rúa un día sería un exercicio hipócrita se non hai unidade sindical de base nos centros de traballo. Unha premisa coa que non está de acordo o responsable de Comisións, que puxo como exemplo os case tres meses de folga unitaria no sector da xustiza.

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí