CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Existe a posibilidade de que haxa ministros galegos"

02/06/2018 - 08:20 h

O vicesecretario político e voceiro do PsdeG, Pablo Arangüena, deixa entrever nunha entrevista no Galicia por Diante Fin de Semana da Radio Galega que haberá galegos no goberno de Pedro Sánchez aínda que non quixo entrar en nomes.

Esa información tena Pedro Sánchez que é quen vai facer, quen vai cubrir esa quiniela. En todo caso, si, existe esa posibilidade, non sei se finalmente se vai realizar pero esa posibilidade existe

Respecto a outros nomeamentos, por exemplo, de representantes da Administración do Estado en Galicia, Arangüena dixo que haberá propostas dende o PSdeG.Polo demais, dende o PSdeG celebran a chegada de Pedro Sánchez á Moncloa e confían en que a súa presidencia reforce o proxecto politico encabezado por Gonzalo Caballero. Arangüena cre que a presidencia socialista do goberno se traducirá nunha mellora dos resultados electorais nas próximas eleccións municipais e autonómicas. Respecto ao que pode representar o novo Executivo para Galicia, Aranguena dá por seguro que se manterán os investimentos previstos na comunidade.

Hai determinadas cuestións que evidentemente son case, diría que, de manual como é o mantemento dos investimentos en Galicia. E isto é o primeiro

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí