CRTVG

Buscar

Os almorzos

"O activismo e o amor comprometido polo galego presidiron a vida e a obra de María Victoria Moreno"

17/05/2018 - 08:22 h

A escritora e académica Fina Casalderrey destacou no Galicia por Diante o activismo e o amor comprometido polo galego que presidiron a vida e a obra de María Victoria Moreno, homenaxeada este ano nas Letras Galegas.

Casalderrey, alumna de María Victoria Moreno durante unha breve temporada,entende que a celebración deste ano servirá levantar o velo que cubriu a Moreno “as Letras deste ano son máis descubrimento que outras veces”, opinou.

Casalderrey revelou tamén un momento clave na vida de María Victoria Moreno. Ocorreu en Lugo, traballando con Alonso Montero nun instituto. Os rapaces que ían examinarse por libre tiñan que falar en castelán, unha lingua distinta á que levaban da casa. O agarimo que lles demostraba Montero para salvar esa situación conmoveu a María Victoria e provocoulle as primeiras reflexións sobre a lingua.

Tras describir a paixón de Moreno por converter os alumnos en perosas libres, sabias e seguras, Casalderrey concluíu recomendando os seus libros preferidos da homenaxeada: 'Anagnórise', 'Diario da luz e a sombra' e 'Guedellas de seda e liño'. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí