CRTVG

Buscar

Os almorzos

"No PP temos a obriga de escoitar a Mariano Rajoy"

02/06/2018 - 08:25 h

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, anticipa un período de inestabilidade política en España pola debilidade do novo goberno de Pedro Sánchez. Nunha entrevista no Galicia por Diante Fin de Semana da Radio Galega, Tellado tamén fala do futuro do Partido Popular. Tras eludir pronunciarse sobre a conveniencia de convocar un congreso extraordinario do partido, Tellado remítese ao que diga Mariano Rajoy na xuntanza do martes.

Estamos convocados a un comité executivo nacional e aí oñecerase a folla de ruta do noso presidente e eu creo que temos a obriga de escoitalo e coñecer que é o que pensa a persoa que liderou a recuperación de España nestes seis anos e medio

O número dous dos populares galegos non evitou a autocrítica e recoñece que a corrupción lles prexudicou polo que considera preciso un período de reflexión.

Claro que temos que facer autocríticado que fixemos como Goberno nestes anos, de como non soubemos afrontar debidamente os casos de corrupción que afectaron ao noso partido

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí