CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Estou molesto porque non se tramitara a petición unánime da cámara de transferir a AP-9"

08/01/2018 - 08:22 h

O presidente do Parlamento galego dixo nos "Almorzos da Radio Galega" que lle "produce desacougo o feito de que non se chegase a tramitar no Congreso o acordo unánime do Parlamento de pedir a transferencia da autoestrada AP-9".

Debo recoñecer que non estou cómodo con esta situación a sociedade cre, e eu tamén, que a xestión da AP-9 é moi mellorable. Eu dixera que me deixaría guiar polos servizos xurídicos da cámara e dixéronme que non era recomendable recorrer esa decisión do Congreso, e eu estou molesto con iso porque foi un acordo unánime do Parlamento e non se puido facer

Con todo, Santalices di que "o Goberno aínda ten na man pedir explicacións e estou seguro de que os grupos parlamentarios continuarán dando a batalla".

Sobre o traballo na cámara do Hórreo, Santalices apunta que "a nosa é das institucións máis eficientes do estado. O anterior periodo de sesións estivo marcado por un debate intenso pero respectuoso, foi un traballo tranquilo".

Na cámara hai bastante consenso entre os grupos se tomamos como referencia que hai moitos temas que se debaten e que veñen da oposición. Ademais houbo acordos unánimes. Sempre haberá propostas non aceptadas pero en termos xerais o nivel de consesno no Parlamento é razonable. Iso é bo porque a sociedade pide que os responsables políticos se poñan dacordo para sacar adiante certas cuestións

Ao preguntarlle sobre o novo modelo de financiamento autonómico, Miguel Santalices explica que "por riba de todo téñense que financiar os dereitos dos cidadáns, ese debe ser o punto de partida para negociar. Non se pode estar nunha discusión continua. Nós temos peculiaridades pola dispersión, avellentamento, demografía... e deben incorporarse ao financiamento"

Como propósitos para 2018, Santalices apunta "que o Parlamento sexa máis coñecido, é a primeira institucion da comunidade e debe coñecerse. E tamén quero que haxa unha saída consensuada no tema dos incendios. Espero resultados positivos da comisión parlamentaria que se creou".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí