CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Os concellos e as deputacións son maiores de idade; non precisan da tutela da Xunta"

26/03/2018 - 08:24 h

A deputada socialista Matilde Begoña Rodríguez Rumbo explicou nos 'Almorzos' da Radio Galega que se nota a proximidade dos comicios municipais na actividade do Parlamento porque "mentres en 2017 a aprobación de leis estaba ralentizada, nesta temporada o PP apura prazos para sacar adiante algúns acordos, como o da Lei de Saúde". Unha Lei de Saúde da que, segundo apunta a socialista, "imos estar en contra sempre que se busque unha degradación dos servizos sociais. As persoas deben estar por riba da política e esta lei non axuda á cidadanía; ten outro tipo de intereses".

Rodríguez Rumbo tamén lle dá o seu apoio á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que esta fin de semana explicaba na Radio Galega que non vai acudir ao Parlamento a presentar as contas do ente provincial. A deputada socialista lembra que "as deputacións non están obrigadas a render contas ante a Cámara. Ademais, outros órganos que si están obrigados nin presentan as contas".

O PP ten o complexo de tutelar os entes que non son deles, cando moitas veces as institucións que eles gobernan non cumpren. Así que os que teñen que aplicarse en facer os deberes son eles, e ser exemplo para o resto das institucións. Tanto as deputacións como os concellos son maiores de idade; non precisan tutela da Xunta

 

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí