CRTVG

Buscar

Os almorzos

"A final de verán comunicarei a miña decisión sobre volverme presentar ás municipais"

27/12/2017 - 08:23 h

O alcalde de Santiago comeza o ecuador do seu mandato facendo un balance positivo deste 2017. Móstrase orgulloso "de todo o acadado polo grupo de goberno" e destaca a aposta pola cultura, polas sendas verdes e tamén polo aumento da participación cidadá. Asegura Noriega que o goberno de Compostela Aberta "trouxo consigo ferramentas innovadoras coma os encontros ao vivo ou os orzamentos participativos".

Di que o 2018 será o ano do investimento público e o das obras. Os orzamentos aprobaranse a comezos de xaneiro grazas á abstención do PSdeG e do BNG. 

Un ano ao que o alcalde lle pide colaboración e traballo conxunto entra as institucións. Como desexo: que no 2018 se executen as obras do Enlace Orbital. A actuación xa está orzamentada e agarda que o Ministerio de Fomento actúe no vindeiro ano.

Outro dos temas que seguirán a ser protagonitas é a depuradora do Souto. Martiño Noriega é consciente da necesidade da mesma, pero non concorda coas esixencias que se lle piden ao Concello.

Presentaremos un recurso mostrando a nosa oposicón a pagar o 20% que se nos esixe, pois esta achega non se lle pediu antes a ningunha cidade

Con todo, o rexedor non sabe se se volverá presentar ás municipais.

Creo nos mandatos limitados e a final de verán, tras meditalo, farase púbica a miña decisión

Asegura que no seu día xa deu un paso ao lado de En Marea porque precisaba "osixenarse e centrarse na política local, en Santiago", ainda que segue a creer no proxecto da "unidade popular".

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí