CRTVG

Buscar

Os almorzos

Julio Sacristán, secretario provincial do PSdeG-PSOE na Coruña e alcalde de Culleredo

29/09/2017 - 08:21 h
Julio Sacristán, secretario provincial do PSdeG-PSOE na Coruña e alcalde de Culleredo

O secretario provincial dos socialistas na Coruña, Julio Sacristán, declárase neutral no proceso de primarias do partido. Sacristán di que non apoiou expresamente ningún candidato e considera que "a fusión dos tres sería o candidato ideal".

Na entrevista dos 'Almorzos do Galicia por diante', Sacristán amosouse partidario de modificar o sistema de recollida de avais e facelo de xeito telemático "para evitar tensións". O secretario provincial do PSdeG recoñeceu non estar a gusto no cargo, que asumiu -dixo- pola situación que se vivía no partido. Por iso, Sacristán confirma que dimitirá cando remate o proceso de elección do secretario xeral de Galicia.

Dos peores momentos vividos no cargo Sacristán destaca as críticas que recibiu tras apoiar a moción de censura en Coristanco, que lle deu o goberno ao ex-portavoz do grupo socialista, que foi apoiado polos concelleiros do PP: "Era imprescindible, porque había unha situación grave de parálise".

Sacristán, tamén alcalde de Culleredo, reclama dos concellos da Coruña e de Arteixo a súa adhesión para constituír a área metropolitana, un organismo supramunicipal que considera imprescindible para solucionar problemas de transporte ou infraestruturas.

Defensor do Consorcio das Mariñas, Sacristán agarda que o Concello de Arteixo non decida abandonalo. Considera que o organismo "vén funcionando sen ningún tipo de problema e ten superávit", aínda que recoñece que a colaboración da Xunta foi a menos nos últimos anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí