CRTVG

Buscar

Os almorzos

"O PSdeG en Santiago precisa unha alternativa e un novo proxecto de cidade orientado ao futuro"

05/06/2018 - 08:28 h

Malia que hai que respectar os tempos para oficializalo, Gumersindo Guinarte mostra a súa vontade para ser o futuro candidato socialista á alcaldía de Santiago.

Nas últimas dúas lexislaturas perdeuse o concepto de proxecto de cidade e agora toca propoñer un proxecto de renovación, innovación e reformulación

Cre Guinarte nun plan que avogue por garantir unha boa convivencia entre a habitabilidade da cidade e o seu motor económico: o turismo. Ademais, ve necesario impulsar medidas a prol do "Santiago industrial" e avanzar en grandes proxectos como a EDAR e a Intermodal, "que levan na mesma situación dende hai oito anos".

Malia que as enquisas apuntan a que o actual Goberno de Compostela Aberta chegará ás municipais con músculo, Guinarte cre que o PSdeG debe centrarse en presentar o mellor proxecto prosible, "sen mirar os demais".

E o mellor proxecto posible debe levar consigo a aposta por unha lista integradora: abrir as listas á cidadanía, composta por militantes e non militantes, pois moita xente que comparte a nosa idea non milita no partido

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí