CRTVG

Buscar

Os almorzos

Gonzalo Trenor (PP): "Nesta lexislatura haberá un acordo en materia contra os incendios"

20/12/2017 - 08:21 h

O deputado popular no Parlamento de Galicia Gonzalo Trenor asegura que existe un consenso entre os grupos parlamentarios sobre a política forestal e, en especial, sobre a loita contra os incendios. Na entrevista desta mañá dos 'Almorzos do Galicia por diante', o portavoz da área de Medio Ambiente do PPdeG adiantaba que "nesta lexislatura haberá acordos en áreas como a da loita contra incendios". Destacou que "a oposición intenta amosar a confrontación, pero na realidade hai consenso" entre os grupos na maior parte dos puntos da política forestal.

Sobre a seca, Trenor chamou á precaución, xa que os acuíferos e augas subterráneas aínda non están "como deberían".

Ante a visita do ministro de Fomento a Galicia, o deputado galego insistiu na aposta do seu partido pola transferencia da AP-9. Trenor asegurou que o Goberno galego non só quere xestionar a Autoestrada do Atlántico como ben material, senón tamén os ingresos que esta xera. Desta forma "poderían implementar medidas como bonificacións nas peaxes".

Por último, Gonzalo Trenor mostrou o seu apoio á posible candidatura de Beatriz Mato á alcaldía da Coruña.

É o mellor que lle pode ofrecer o PP á Coruña e como coruñés tamén penso que é a máis indicada para liderar o proxecto que merece esta cidade

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí