CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Debemos sensibilizar a Unión Europea sobre o declive demográfico"

30/01/2018 - 08:22 h

O deputado popular no Parlamento Europeo Francisco Millán Mon insta a sensibilizar ás institucións comunitarias sobre o declive demográfico. Na entrevista dos Almorzos do 'Galicia por diante', o eurodeputado chamou a que a Unión Europea teña en conta a dispersión demográfica, a perda de poboación e a taxa de desemprego dos territorios á hora de repartir os fondos comunitarios.

Traballamos con vistas ás perspectivas financeiras dos anos 2020-2027 para que a Unión Europea reparta os fondos facendo uso dos criterios de dispersión da poboación, o declive demográfico e a taxa de desemprego

Sobre Galicia, o eurodeputado destacou a suba da facturación do sector lácteo galego. En concreto, Millán Mon sostivo que no último ano creceu arredor dun 8 por cento. Chamou tamén a apostar pola elaboración de produtos como os iogures ou o queixo, que achegan un valor engadido con máis saída no mercado.

Palabras tamén de Millán Mon sobre a posibilidade de renacionalizar a Política Agraria Común. O eurodeputado vincula esta proposta co oco económico que deixa o Reino Unido nas institucións comunitarias tralo Brexit. Considera que o debate de fondo é como tapar ese oco financeiro que deixarán os británicos en Bruxelas. En todo caso, considerou que unha posible renacionalización da PAC sería mala para países como España, que aínda teñen que facer fronte á débeda e ao déficit. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí