CRTVG

Buscar

Os almorzos

“Evitaremos situacións como as dos Goya, que quedaban un pouco raras”

08/02/2018 - 08:24 h
“Evitaremos situacións como as dos Goya, que quedaban un pouco raras”

O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, destacou hoxe que unha muller, a actriz Iolanda Muíños, será a encargada de presentar a gala dos Mestre Mateo do próximo 3 de marzo.

Darase así exemplo e evitaranse situacións como a dos Goya, unha festa cargada de mensaxes a favor das mulleres, pero con presentadores masculinos, que “quedaban un pouco raro”, segundo Carlos Ares.

A dos Premios Mestre Mateo será unha cerimonia feminina e feminista, entretida e reivindicativa, “que dea voz a quen non a ten”, en palabras de Ares.

O presidente da Academia afirmou que 2017 foi un bo ano para o audiovisual galego e predixo que 2018 vai seguir na mesma liña, porque nos últimos meses se rodaron moi bos filmes.

Na parte negativa, Ares critica que a maioría das películas que se van premiar nos Mestre Mateo non fosen estreadas en salas. Entende que se debe abrir un debate sobre as cotas de distribución.

Sobre o acoso sexual no cine, Ares afirma que non ten constancia de ningún caso no cine galego e advirte que, se o soubese, denunciaríao.

Persoalmente, non diferencia a obra das persoas e rexeita os grandes directores, “se son malas persoas”. Algúns, di, “son delincuentes”.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí