CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Os donos dos montes podían cobrar máis polos eólicos"

22/05/2018 - 08:23 h

O presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez, defende que as eléctricas lles están pagando pouco aos donos dos montes onde están instalados os xeradores eólicos. Sáez indicou que é un recurso máis para os donos do monte, máis aló da madeira.

Agora estase reactivando, por exemplo, a enerxía eólica. É diñeiro que entra no monte. Pero ao mellor podía entrar máis, se os prezos que pagan pola enerxía os que instalan os xeradores fosen similares aos doutras partes de España

Sáez defende tamén o eucalipto como un recurso rendible, pero critica que se estenda a zonas nas que tradicionalmente hai outras especies, sobre todo de folla caduca, como carballos ou castiñeiros.

A min non me gustan as posturas de 0 ou 1. O eucalipto ten o seu espazo. É un cultivo rendible nalgunhas partes. A zona norte do país é bastante idónea para a produción deste cultivo, que é rendible. Alí non hai moito incendio porque a taxa de humidade é bastante máis alta. O que non ten moito sentido é sacalo dese contexto natural. Debería haber unha certa ordenación do monte. E, por suposto, as caducifolias hainas que recuperar e hai que facer moitas cousas

Sáez lembrou que a fundación está traballando, entre outras cousas, para producir carballo galego con certificación de orixe ou para recuperar oliveiras tradicionais galegas.

Neste país, aínda que ás veces nos gusta flaxelarnos, a xente ten máis sentido colectivo do que parece

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí