CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Imos por mal camiño, se agora empezamos a facer xestos para acalmar os independentistas"

11/06/2018 - 08:24 h

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, un dos nomes históricos dentro do Partido Popular de Galicia, reclamou hoxe que o novo Goberno de Pedro Sánchez non faga concesións para Galicia, senón que faga cumprir a Constitución e a democracia.

Facérmonos simpáticos para que un fascista, un fascistoide, polo menos no seu pensamento político, que está gobernando Cataluña... porque é un fascista, por suposto. Pero claro que si, home! Xa está ben de aguantar parvadas, cando insultan o resto dos españois e se teñen comportamentos xenófobos!

Quen é acosado en Cataluña? Os que non pensan como os nacionalistas. Isto está como estaba o País Vasco hai uns anos. Hai que falar claro!

Como andemos con panos quentes, dicindo que son progresistas... De progresismo nada! Estou farto de que pasen por progresistas persoas que son xenófobas. A isto hai que abrir os ollos

Por que teño que recoñecer que Cataluña ten máis dereitos que Galicia? Iso nin de broma! Nin de lonxe! Hai que abrir os ollos. Estamos mal. Imos por mal camiño así. E se empezamos agora a facer xestos para apaciguar esta xente, pois non imos ben. A solución é que gañe a Constitución por goleada. A min iso de que non gañe ninguén por goleada, nada! A Constitución e a democracia teñen que gañar por goleada

Se o presidente de Cataluña di que seguen no independentismo, que é o que temos que negociar? Como se chega á independencia? Hai cousas que non se poden negociar. Negociar o que é contrario á Constitución é unha barbaridade en calquera país democrático

O presidente do Porto vigués, dende a súa experiencia dentro do PP, defendeu a Alberto Núñez Feijóo como o mellor candidato posible para substituír a Mariano Rajoy á fronte da formación. "A min persoalmente é o que máis me gusta". E destacou que no "PP de Galicia non hai corrupción" e iso "é mérito de Feijóo nos últimos anos". Ademais, concluíu que é unha persoa que provoca consenso dentro do partido.

López Veiga tamén defendeu a xestión á fronte da Autoridade Portuaria.

As navieiras miran o céntimo. É unha cousa tremenda. As sufocacións que tivemos que pasar durante estes dous anos! Pero así imos. Estamos ben, aguantando. Aguantando e medrando. Nótase moito o tirón da saída da crise, que é unha pena que o partido que nos sacou da crise agora saia do goberno e imos ver que dá de si a cousa. Non me gusta moito a deriva que leva

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí