CRTVG

Buscar

Os almorzos

"En Galicia, máis do 40% dos orzamentos destínanse á sanidade"

05/01/2018 - 08:21 h

O deputado do PP no Parlamento de Galicia Aurelio Núñez destaca que o Goberno galego "vai  seguir avanzando na mellora constante da sanidade pública".

O corenta por cento dos orzamentos do Goberno galego para este ano son para gasto sanitario, cando algunhas comunidades autónomas non dedican nin o 25 por cento

Censura os grupos da oposición que denuncian un desmantelamento da sanidade pública e cre que é "bastante atrevido dicir que os orzamentos deste ano non son sociais e que non favorecen a creación de emprego porque as cifras falan".

Os orzamentos permitirán reforzar e avanzar en infraestruturas e persoal. De feito, convocouse unha oferta pública de emprego con 1.616 prazas e hai un compromiso de estabilización do persoal sanitario de aquí ó ano 2020. Hai que reformar e construír centros de saúde e hai partidas para plans directores de hospitais

Núñez destaca que o gasto sanitario non é pechado e que, ao final de ano, aínda se dedican cantidades extraordinarias para pagar tratamentos oncolóxicos ou medicamentos dos doentes con enfermidades raras.

Preguntado polas denuncias que están a facer os sindicatos médicos de colapso nas urxencias dos centros hospitalarios, Núñez asegura que o cento por cento do persoal está a traballar e que todas as camas están abertas. Admite que se están a incrementar os ingresos hospitalarios por culpa da gripe e cre que un dos factores da "saturación de urxencias" é que os doentes acoden directamente a urxencias antes de ir a atención primaria ou aos puntos de atención continuada. 

Núñez, voceiro do PP en Carballo, confía en que nas próximas eleccións municipais o PP recupere alcaldías como as das cidades gobernadas polas mareas.

Agardamos trasladar o modelo de xestión do goberno galego e estatal ás cidades. Un modelo de creación de emprego e de estabilidade

Sobre o próximo período de sesións no Parlamento de Galicia, di que "agardo que se traballe como se está a traballar porque somos unha das cámaras autonómicas que ten maior produción lexislativa". Celebra que neste primeiro ano de lexislatura na Cámara do Hórreo houbese un "mellor ambiente, con menos follóns"

 

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí