CRTVG

Buscar

Os almorzos

Elena Molanes, directora do Centro de Emerxencias para Vítimas da Violencia de Xénero de Vigo

28/07/2017 - 09:26 h
Elena Molanes, directora do Centro de Emerxencias para Vítimas da Violencia de Xénero de Vigo

A directora do CEMVI de Vigo, Elena Molanes, cre que o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero permitirá dar un impulso á loita contra este problema. O máis importante, ao seu xuízo, é traballar para sensibilizar e previr a violencia de xénero nos distintos ámbitos: educativo, sanitario, policial, xurídico e social. Segundo destacou no 'Galicia por diante', se se poñen mecanismos enriba da mesa para detectar esta situación, as vítimas contarán con axuda antes de "que suceda algo grave".

Elena Molanes asegura que aínda queda moito terreo por andar nos distintos ámbitos para atallar a violencia machista. As mulleres, asegura, aínda tardan en dar un paso adiante porque moitas veces non son conscientes do mal trato, e a sociedade, engade, segue sen estar preparada para identificar unha vítima.

A directora do CEMVI de Vigo fai fincapé na necesidade de que as vítimas denuncien de maneira "consciente" e "reflexiva". É importante, asegura, que acudan a un centro de información á muller para asesorarse e para recibir o apoio necesario que as prepare "para todo o que lles vai vir enriba"

Sobre casos como o da nai de Granada á que unha xuíza mandou entregar os fillos ao pai, condenado por mal trato, di que son moi complexos e que, ao levalos por distintos procedementos xudiciais, poden acabar facendo que se tomen "decisións contraditorias".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí