CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Hai que investir máis na rede ferroviaria galega de vía estreita"

05/02/2018 - 08:19 h

O presidente da Comisión de Fomento no Congreso e deputado do PP por Ourense, Celso Delgado, chama a modernizar a rede ferroviaria galega. Para Delgado, é moi importante a chegada do AVE a Galicia, que, segundo di, está prevista para finais do 2019, independentemente da aprobación dos presupostos xerais do Estado. Pero a demanda social tamén chama a mellorar a rede ferroviaria de liña estreita en Galicia, di o deputado.

Nos Almorzos da Radio Galega, Celso Delgado avanzaba que van buscar fórmulas para modernizar o tren galego.

Hai que investir máis na rede ferroviaria galega de vía estreita: en infraestruturas, material móbil e persoal. Esta é unha demanda social que se debe atender e buscaremos fórmulas para darlle saída

O deputado popular tamén considera que o rexeitamento a debater no Congreso a transferencia da AP-9 a Galicia, unha solicitude aprobada por unanimidade no Parlamento galego, se debe ao conflito territorial existente.

En concreto, di que varias comunidades, como Cataluña ou Euskadi, tamén piden o traspaso de infraestruturas como aeroportos e portos. Para Celso Delgado, é importante que "neste momento, exista unha rede de infraestruturas estatais que non deben ser transferidas polo de agora"

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí