Os almorzos
Daniel Vega: "Ninguén queima un monte que dá cartos"

O deputado do PP no Parlamento de Galicia Daniel Vega apela á rendabilidade do monte como a mellor forma de previr novos incendios. A falta dun día para que a comisión sobre os incendios e políticas forestais presente o seu plan de traballo, o popular insta a pactar medidas concretas.
Na entrevista desta mañá nos Almorzos do 'Galicia por Diante', Daniel Vega apostaba por darlle valor ao monte a través de fórmulas que reordenen o cultivo, como é a concentración parcelaria.
Veño dunha comarca, a Mariña, na que apenas hai incendios forestais porque é un monte rendible, que dá ingresos ás familias. Ninguén queima un monte que dá cartos
Nesa lóxica, explica, a Administración aposta pola "reordenación do territorio, e polo tanto do cultivo, como pode ser a concentración parcelaria".
Vega tamén considera que o rural galego está vivindo un bo momento.
Vivimos a estabilidade no prezo do lácteo, normalidade no da carne e bo do na horta, nos produtos primarios estamos en boa posición. No rural temos que seguir avanzando e abandonar as vella spolíticas para acudir a novos retos
Destaca ademais que cómpre desenvolver "políticas responsables":
No rural vivimos abrazados a un discurso electoral e temos que ir a unhas reformas con consecuencias positivas e que potencien o relevo xeracional
Sobre a sanidade pública, o deputado popular destaca o investimento da Xunta no hospital da Mariña.
O compromiso deste partido e do presidente da Xunta coa Mariña é indudable. Existe un investimento de 20 millóns de euros e continuarase a apostar por este hospital
Daniel Vega tamén valorou as comisións nesta comarca lucense á que pertence.
Cómpre mellorar as comunicacións aínda que hai que diferenciar entre as de competencia autonómica e as do Estado central
Neste senso, apelou a fixarse nos presupostos do ano que vén porque, sostén, "haberá noticias positivas".
Por último, o deputado popular chamou a traballar neste 2018 que entra en buscar bos candidatos do PP para as eleccións municipais de 2019.
Con traballo, dedicación e vocación, os resultados serán existosos
O deputado evitou pronunciarse sobre o futuro político de Alberto Núñez Feijóo aínda que subliñou que "moitos galegos admiran" ao actual presidente da Xunta ao igual co fan "no conxunto do mapa español".
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí