CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Ciudadanos, como forza máis votada, debería presentar unha alternativa ao separatismo"

11/01/2018 - 08:21 h

Daniel Serrano, responsable do PP provincial de Barcelona, dixo esta mañá nos 'Almorzos' da Radio Galega que "o PP non vai permitir que os separatistas fagan unha investidura telemática de Puigdemont tal e como pretenden".

É un auténtico disparate que se invista un presidente que está fuxido en Bélxica. Estamos afeitos a que os separatistas cambien o regulamento, pero confiamos en que ao final se impoña o sentido común

Serrano non se atreve a aventurar o que vai pasar o próximo día 17 cando se constitúa o Parlamento catalán, pero opina que Ciudadanos, "a forza que gañou as eleccións, debe asumir ese rol e formular unha alternativa ao separatismo".

Aritmeticamente parece imposible, aínda que non se sabe como van resolver as ausencias dos deputados que están en Bélxica ou na cadea. Iso pode cambiar as votacións

Serrano pídelle a Ciudadanos que  "contacte co PP de xeito oficial para que expoña as súas formulacións e posible candidato alternativo aos separatistas".

O PP, que obtivo só catro deputados nas eleccións do 21 de decembro, terá como misión nos próximos tempos "convencer os cataláns de que o procés non vai a ningún sitio e que só vai causar dano e frustración".

Unhas novas eleccións agora mesmo son pouco probables, pero a medida que pase o tempo poden ser a única saída


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí