CRTVG

Buscar

Os almorzos

Rosa Quintana, conselleira do Mar: "Creo que, en liñas xerais, podemos estar satisfeitos"

13/12/2017 - 08:51 h

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, dá por bos os resultados do consello de ministros de Pesca, en Bruxelas, en que se fixaron os topes de capturas para o ano que vén.

Para as propostas que traiamos de rebaixa de pescada no Gran Sol, rebaixa de pescada no Cantábrico, rebaixa do xurelo, rebaixa de meiga, rebaixa de sapo... pois eu teño que dicir que, a verdade, o resultado final foi bastante satisfactorio. Ao final, as pesqueiras máis importantes conseguimos salvalas bastante ben

Eu supoño que, cando se analice todo con calma, o sector tamén terá unha sensación de satisfacción, como podo ter eu. Ao final, si é certo que temos un 5% menos de posibilidades en global de pesca con respecto a este ano, pero en especies importantes para a nosa frota, como pode ser o caso da raia, temos un incremento dun 15%. Iso vai conseguir que a frota artesanal poida facer unha mellor xestión do recurso

Dáselle unha continuidade ao peixe sapo tamén no Cantábrico e no noroeste, sobe a meiga... Creo que, en liñas xerais, podemos estar satisfeitos e eu entendo que o sector así o vai percibir

 

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí