CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Se hai unha quitación ou unha reestruturación da débeda, debería ser igualitaria e equitativa para todas as comunidades"

13/02/2018 - 08:26 h

A deputada do PSdeG Concepción Burgo teme que a reestruturación da débeda ás comunidades autónomas proposta polo ministro de Facenda non sexa máis ca unha quitación encuberta. Burgo cre que o presidente do Goberno debeu analizar esta cuestión cos presidentes de todas as comunidades autónomas, e non só cos baróns do seu partido, e aclara que, se finalmente o Goberno opta por esta fórmula, debería ser equitativa para todos.

Se hai unha quitación ou unha reestruturación da débeda, debería ser igualitaria e equitativa para todas as comunidades

Nos Almorzos do Galicia por diante, Burgo asegurou que, se se fai unha reforma electoral, debería ser "de acordo con todos; non para beneficiar uns e prexudicar outros" e referiuse ao novo regulamento aprobado polo Partido Socialista, que reforza o poder do secretario xeral, Pedro Sánchez, e tamén da militancia, que terán voz e voto para decidir sobre a política de alianzas e a abstención da formación nas investiduras. Ante a posibilidade de que, chegado o momento, as bases decidisen en contra dos criterios dos secretarios xerais dos partidos nas comunidades autónomas, Burgo apunta que, "se a militancia vai por un lado e Gonzalo Caballero por outro, deberían introducirse mecanismos correctores". Con todo, engade que "son situacións límite que non se adoitan dar".

A deputada socialista cre que Caballero debería ser o candidato do partido á Xunta porque, ao seu xuízo, "esa bicefalia, a dobre elección de candidato e secretario xeral, non é boa". Burgo confía en que Lara Méndez recunque como candidata á alcaldía de Lugo porque considera que ten unha experiencia que o partido non debería desaproveitar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí