CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Case cen mil contribuíntes presentaron xa a declaración da renda en Galicia"

13/04/2018 - 08:23 h

A delegada da Axencia Tributaria en Galicia, Imelda Capote, explicou que 97.900 contribuíntes presentaron a declaración da renda, o IRPF, nestes nove días que leva aberto o prazo. Unha parte deles, 6.400, fixérono a través da nova aplicación para o móbil que se estreou nesta campaña.

A maioría das declaracións presentadas nestes nove días, máis de 86.000, foron con dereito a devolución. Os técnicos de Facenda xa lle deron o visto e prace a unhas 65.500, que recibirán en total 34 millóns de euros. Facenda xa lles ingresou os cartos a uns 45.000 deses contribuíntes, que teñen de volta nas súas contas un total de 18 millóns de euros.

A delegada da AEAT explicou nos 'Almorzos do Galicia por diante' que "vai moi ben" a implantación da nova app para o móbil. Indicou que o programa xa está descargado nuns 45.000 móbiles de contribuíntes de Galicia, aínda que insistiu en que, de momento, só serve para confirmar os datos que ten Facenda, non para facer modificacións. En caso de ter que cambiar algún dato, hai que facelo a través da web de Facenda "Renta web".

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí