CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Esperamos que no asunto do xurro os gandeiros poidan estar amparados este ano"

22/01/2018 - 08:21 h

A directora xeral de Gandería, Belén do Campo, dixo que agarda que os gandeiros poidan seguir botando o xurro coas súas cisternas convencionais, ciscándoo sobre a terra.

Desde o 1 de xaneiro está prohibido facelo desa maneira, baixo a ameaza de que quen incumpra a norma pode quedar sen as axudas da PAC. Pero Docampo destacou que están negociando excepcións para Galicia, dado que moitos terreos teñen desniveis e son pedregosos, o que dificulta arar a terra.

Con estas excepcionalidades espero que os gandeiros poidan estar amparados neste primeiro ano. Si é verdade que temos que irnos mentalizando de que progresivamente este tipo de actuacións imos ter que ilas facendo xa xenéricas. Agora mesmo esperemos que coas xestións que imos facer poidamos dar esa tranquilidade neste ano 2018

Do Campo indicou que a norma deriva dunha decisión comunitaria, polo que a Xunta non vai sancionar directamente, senón que, en todo caso, serían as autoridades europeas as que obriguen.

As sancións desde logo nós non as imos poñer. As sancións que poden vir poden ser esas correccións que nos mira Europa cando vén ver cando temos que facer ese control sobre terreos aleatorios e mira se se cumpre ou non se cumpre

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí