CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Avogamos pola implantación de novas titulacións para adaptarnos aos tempos que corren e captar novos estudantes"

09/02/2018 - 08:24 h

Tras case catro anos como reitor, Juan Viaño non ve clara a súa renovación nas vindeiras eleccións. Fai un balance positivo do seu mandato, pero asegura que aínda quedan cousas por cambiar. 

"Cando entramos, tiñamos unha débeda de 45 millóns de euros e agora descendeu a 26. Comezamos cun déficit de 16 millóns e, case catro anos despois, témolo en 8. Pero esta baixada supuxo un esforzo moi importante, que ocasionou uns danos que agora hai que reparar". Engade Viaño que a educación e a universidade "pagaron os pratos rotos da crise económica" e que agora toca traballar en "recuperar o perdido".

Viaño insiste en que o futuro está en facer unha Universidade máis competitiva e adaptada aos tempos que corren. "As carreiras de enxeñería perderon atractivo e hai que actualizar a oferta. Nos vindeiros cursos, por exemplo, comezarán en Lugo formacións en robótica, drons, industrias culturais, xenómica e xenética, entre outras".

O reitor lamenta a marcha ao estranxeiro de parte dos estudantes que se forman en Galicia. Así e todo, destaca o atractivo da Universidade para estudantes doutros países, pois -insiste- cada ano "temos máis".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí