CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Que gobernen os independentistas, pero que formen un goberno estable; se non, imos a novas eleccións"

10/01/2018 - 08:20 h

Assumpta Escarp é unha dos dezasete deputados do Partido Socialista de Catalunya que sentarán no Parlamento a partir do día 17 de xaneiro. Esta mañá, nos 'Almorzos' da Radio Galega, Escarp valorou o acordo entre Junts per Catalunya e ERC para formar a Mesa do Parlamento e investir a Puigdemont presidente da Generalitat.

Neste acordo hai moitas incógnitas, por exemplo, como se van resolver as oito ausencias que vai haber no Parlamento; cinco porque están en Bruxelas e tres no cárcere

O máis grave é investir un presidente que non está na cámara, que non vai poder facer o seu discurso de investidura, un presidente virtual

A deputada electa do PSC afirma que "os independentistas teñen dereito e deben formar goberno porque así o dixeron as urnas"

Pero dende o PSC pedímoslles que busquen un goberno estable, que non se repita o enfrontamento constante co Estado, que renuncien á vía unilateral

Esta é a única saída, porque, se non, estaremos abocados a novas eleccións, e iso sería o peor que nos podería pasar. Agora mesmo non descarto repetir os comicios, pero debe evitarse; hai que buscar un goberno estable

Assumpta Escarp tamén apunta que "as dimisións que coñecemos onte do ex-conselleiro Carles Mundó ou Artur Mas significan que non todo o mundo está pola vía unilateral".

 

 

 

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí