CRTVG

Buscar

Os almorzos

“As obras da A-55 en Mos esperamos que no mes de maio se empecen a realizar”

28/04/2018 - 08:17 h

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, avanza na Radio Galega que no mes de maio Fomento empezará a acometer os traballos de arrranxo da A-55 ao seu paso por Mos. Obras moi demandas neste concello pontevedrés que mesmo orixinou concentracións nas últimas semanas.   Nunha entrevista no Galicia por Diante Fin de Semana, Villanueva atribuía o atraso nos traballos á lentitude da tramitación administrativa pero adiantaba que “estas obras de Mos esperamos que no mes de maio se empecen a realizar e se poidan rematar o máis axiña posible”

Na conversa, o delegado do Goberno en Galicia tamén argumentou a súa ausencia  maila da UME -malia teren sido convidados- na comisión parlamentaria de estudo dos lumes do Parlamento Galego. Segundo Villanueva, “é un criterio que está establecido”.

A intervención no Parlamento por parte dos órganos da Administración estatal, o criterio é que respondan ante as Cortes Xerais e non respondan ante os  parlamentos autonómicos, independentemente desa colaboración co Goberno galego pero tamén co Parlamento coa documentación que se remite constantemente

A unha semana de que se produza a anunciada disolución de ETA, o delegado do Goberno asegura que se trata dunha “decisión agardada” e “un triunfo para os poderes públicos”. Ao tempo, Villanueva dixo que, en referencia a Resistencia Galega, “seguimos sendo a única comunidade cun grupo terrorista activo neste momento e polo tanto ten que seguir atento tanto a Garda Civil como a Policía Nacional”

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí