CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Os datos do ano pasado son para estar moi optimistas"

07/04/2018 - 08:23 h

A conselleira delegada de PYMAR -os pequenos e medianos estaleiros españois-, Almudena López del Pozo, amosa na Radio Galega o seu optimismo para o sector naval de cara ao medio prazo. Nunha entrevista no Galicia por Diante Fin de Semana, López del Pozo asegura que os datos do ano pasado "son para estar moi optimistas" e no que atinxe á chamada crise do tax lease, "creo que se pode dar por superada", afirmou.

No que atinxe ás potencialidades do sector, López del Pozo apunta ás posibilidades que ofrece a eólica. A conselleira delegada de Pymar destaca que o principal obxectivo e a construción de buques e recoñece que o sector privado "ten unha gran capacidade, unha gran calidade construtiva" e "todos os buques que fai se caracteriza por ter moito valor engadido" e suxire que o "know-how que desenvolveron, tan grande, nos últimos anos, no mercado offshore se pode utilizar para outros mercados -por exemplo- para o eólico-". López del Pozo lembra que "ata o momento non se fixo" pero dende logo -apostila- "é unha actividade que á hora de diversificar hai que tela en conta".

A conselleira delegada de Pymar tamén destacou o traballo que se fai no sector na aposta por innovacións como o uso do gas natural licuado e lembrou que se está traballando nos estaleiros privados nos primeiros remocladores duais que se fixeron en Europa. Así mesmo, ante o cambio no ministerio de Economía, Industria e Competividade, López del Pozo expresou a súa intención de ter en breve unha reunión co novo ministro "farémolo en breve" e destacou a "especial sensibilidade" que o ministerio de Industria tivo sempre co sector naval. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí