CRTVG

Buscar

Os almorzos

Alfredo Bea e Estela Estévez, olímpicos en Barcelona 92

27/07/2017 - 09:24 h
Alfredo Bea e Estela Estévez, olímpicos en Barcelona 92

Vinte e cinco anos despois das Olimpíadas de Barcelona, dous dos galegos que competiron neses Xogos, a atleta viguesa Estela Estévez e o piragüista Fredi Bea, reclaman na Radio Galega máis investimentos para o deporte.

Coinciden os dous á hora de destacar a transcendencia e o importante salto que supuxeron aqueles Xogos para o deporte español.

Fredi Bea, actual presidente da Federación Galega de Piragüismo, reclama unha lei que regule o investimento no deporte, non só -di- por parte das administracións, senón tamén por parte das empresas privadas

Lamenta que en deportes coma o piragüismo ou o atletismo España continúe por detrás doutros países, por falta, precisamente, de cartos que proporcionen os medios e a tecnoloxía necesarios para adestrar.

Estela Estévez asegura que o importante investimento que se fixo nos Xogos de Barcelona permitiu o éxito que tivo o deporte español nese momento. Confía en que España volva acoller, en poucos anos, uns novos Xogos que supoñan un novo incentivo.

Desde a nostalxia, lembran os dous galegos a súa participación naquelas Olimpíadas e a súa estancia na vila olímpica, con grandes estrelas mundiais. Unha experiencia que cualifican de "fascinante" e "incrible" que -coinciden- vai máis aló de calquera outro campionato mundial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí