CRTVG

Buscar

Os almorzos

Miguel Ángel Pérez: "Uns 1.500 mozos foron vivir ao rural entre este ano e o pasado"

07/12/2017 - 08:24 h
Miguel Ángel Pérez:

Mil cincocentos mozos foron vivir ao rural de Galicia entre este ano e o pasado. O dato deixábao esta mañá, nos Almorzos do Galicia por Diante, o director xeral de Desenvolvemento Rural. Miguel Ángel Pérez Dubois sostén que a maioría destes mozos se incorporan ao rural contan con carreiras profesionais. Para facilitarlles a incorporación, Medio Rural facilita unha serie de axudas recollidas no Programa de Desenvolvemento Rural.
"O rural non é só agricultura e gandeiría, a xente que vive nel tamén traballa noutros sectores productivos" (...) Co Programa de Desenvolvemento Rural axúdase ao financiamento empresarial, como a sufragar maquinarias ou instalación, pero tamén a establecer centros de día", engade Pérez Dubois.
No rural continúa a preocupación polas perdas económicas que causaron os incendios, a seca e mesmo a avespa velutina. Pérez Dubois asegura que a Consellería de Medio Rural vai apoiar aos prexudicados para saír desta.
O Programa de Desenvolvemento Rural, no que fixo fincapé Dubois, arrancou hai dous anos en"Dende a Consellería de Medio Rural apoiamos a tódalas explotación para que poidan saír desta o mellor posible. Agardamos que o problema da seca sexa algo conxuntural e puntual". Galicia co obxetivo de modernizar e reestruturar as producións agrícolas e gandeiras para que sexan máis rendables económicamente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí