Entrevistas
“Hai que deixar de falar de marcas e entender que a marca é a unidade popular“
O alcalde de Santiago di non ter opinión a día de hoxe sobre unha eventual repetición de
Villares como candidato á Xunta.
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recomenda a Podemos e outras formacións queintegran as mareas municipalistas que deixen “de falar de marcas” de cara ás próximas municipais. No espazo 'A Entrevista' da Radio Galega, ao preguntarlle polo papel da formación morada e doutras formacións no seo de confluencias como Compostela Aberta, Noriega aseverou que hai que “deixar de falar de marcas e entender que a marca é a unidade popular”. E é que segundo o rexedor de Compostela Aberta, hai que “entender que suman as persoas e non as marcas”.
De cara a tirarlle rendibilidade política na representación das Deputacions aos resultados que se obteñan nas locais, o alcalde compostelán apostou por “conciliar realidades xa consolidadas como pode ser Marea Atlántica, como pode ser Compostela Aberta (...) coa necesidade de tecer rede”. Considera necesario definilo, ben con “alianzas de partidos instrumentais” ou ben con outras vías, porque entende que “non vai haber unha única fórmula”. O que si considera preciso é ter presenza nesas administracións que, aínda que recoñece “anacrónicas”, xestionan fondos necesarios para os concellos. Nesa argumentación aproveitou para deslizar unha crítica, aínda que sen mencionalo, ao BNG ao dicir que se deberían “derivar os fondos que elas xestionan” aos concellos e asegurar que “ese é o discurso tradicional da esquerda, é certo que outra forzas políticas o fan e logo cogobernan nas deputacións”.
No que atinxe a si mesmo, Noriega volve adiar para despois do verán a súa decisión sobre repetir ou non como candidato á alcaldía de Compostela. Tamén asegura que neste momento non valora “cuestións estratéxicas” para derivarse a política institucional no que sería un eventual salto á política autonómica. Para Noriega é un futurible que “non me formulo nestes momentos”.
En A Entrevista, Noriega asegurou que nestes momentos non ten ningunha opinión formada sobre se Luis Villares debe repetir ou non como candidato á presidencia da Xunta por En Marea. Cun “non a teño a día de hoxe”, o rexedor de Compostela Aberta respondía á cuestión de se tiña ou non opinión ao respecto. Antes, cuestionado polo liderado de Villares, eludía posicionarse ao asegurar que “é secundario o que eu vexa ou non vexa”, pero si lle recoñecía ao voceiro que “bastante está a facer con ter renunciado a unha prestixiosa carreira naxudicatura como xuíz por dar a cara nun momento político complicado”. Para Noriega, “todo o que aconteza terá que tomarse en “decisión colectiva” e tamén coa propia disposición de Villares. O alcalde de Santiago segue marcando distancias co camiño ao que debe tender En Marea ao asegurar que “eu entendo o espazo de En Marea non segundo os canons dos partidos tradicionais” porque, para Noriega, “o espazo de unidade popular é moito máis complexo e heterodoxo” e lembrou a súa postura no último plenario. Noriega volveu cuestionar que naquel momento se configurase unha dirección por aqueles colectivos que “foron bastante críticos co espazo da mestizaxe” e malia admitir que hai que respectalo, si dixo que non eran representantivos en alusión a formacións como Cerna.
O alcalde de Santiago segue apostando pola implantación dunha “taxa turística” no nivel autonómico pero vista a negativa actual da Xunta, Noriega defende unha ferramenta noámbito local. Crear unha taxa para “gravar os autobuses” que cheguen con excursionistas á cidade ás instalacións de Xoán XXIII. Unha taxa que está en estudo no plan de turismo e coa ideade aplicala en 2019. Para o rexedor, “nunca sobran turistas”, “faltan políticas públicas degobernanza do turismo”.