Entrevistas
Alfonso Rueda: "Aliviar o colapso dos xulgados será imposible sen o compromiso económico do Goberno central"
Sobre a tese de Pedro Sánchez:
"Agardo que todo isto, que non lle fai ningún favor á credibilidade da política en xeral, que o que haxa que aclarar se aclare canto antes e todo o mundo poida traballar no que realmente lle importa á xente".
Sobre a dimisión de Casado:
"É unha hipótese que non me formulo. É certo que quen ten que tomar unha decisión é a xustiza pero estou seguro de que ao final se verá que todo o que dicía Casado tiña razón, e polo tanto, terá todo o tempo para traballar unha vez que pase toda esta situación complicada".
Sobre a remodelación da Xunta:
"Será un cambio coma outras veces: meditado, intentando acertar e desde a tranquilidade dun goberno que como ten estabilidade para gobernar, cando se producen cambios non se traducen nunha crise nin nun alboroto, nin situación incontrolable como temos visto noutros gobernos".
"Na cabeza do presidente o que quere é acertar para o día a día do goberno e creo que vai facer o mesmo. Se fixera cambios noutra clave probablemente se equivocaría e ata agora creo que non se equivocou".
Sobre o colapso dos xulgados:
"O custo será importante. Xa levamos un gasto na primeira fase de arredor de 100.000 euros"."A xuíces, fiscais, secretarios xudiciais... non lles pode pagar a Xunta, ten que facelo o Ministerio. O martes teño unha entrevista co secretario xeral de xustiza para pedirlle que se impliquen e colaboren con nós. Agardo que non haxa ningún problema, o anterior Goberno díxome que non ía habelo. Agardo que o novo equipo estea na mesma disposición".
Sobre a comisión do Marisquiño:
"A comisión non a pediu o PP. Quen a pide é a oposición, que gobernan en coalición co PSOE en moitos concellos e na Deputación. Se as explicacións se dera no concello de Vigo nos non apoiariamos a comisión de investigación no Parlamento".
Comisión Feijóo Marcial Dorado
"Só se pode explicar desde o punto de vista do nerviosismo do señor Caballero. Denota moito medo de Caballero a que se investigue a súa responsabilidade no Marisquiño e non demostra ningún medo por parte nosa a ningunha reacción o que son ameazas".
Candidatos municipais
"Hai que facelo con tempo e estou traballando, e o resto do PP fai o mesmo, para que todos os candidatos estean presentados nun prazo razoable entre este mes e o que vén". "Sairemos a gañar en todos os concellos. Esa vocación de partido e goberno vainos obrigar a non renunciar a ningún concello. O primeiro obxetivo é seguir gobernando nos gobernos onde se fai, e nos que quedaron a moi poucos votos, tamén no caso da Deputación de Pontevedra".
Marcha de Soraya
"Demostrou a súa valía política, pero ao final o partido pode presidilo unha persoa. É unha decisión de quen non o preside se quere orientar a súa vida e se quere seguir por outros derroteiros. Non foi nada traumático, nin Soraya abandonou o partido tentando facer nada raro".
Transparencia AP
"Cada vez que pasa algo (subas das peaxes, cambio de dono), acredítase a necesidade do traspaso a Galicia".
"As noticias que veñen de Fomento no que se refire a autoestradas non son nada tranquilizadoras. Da liberalización da peaxe de Rande, que estaba practicamente pechada con Rajoy, non nos din nada. Agora din que á alternativa que se ía facer ao colapsado e perigoso tramo Vigo- O Porriño, unha nova autovía, tamén se aparca. Hai que convocar a comisión da AP-9 canto antes".