Zona Mixta
Louzán: "Para o afeccionado é bo que tódolos galegos da 2ªB estean no mesmo grupo"
Falamos en directo co presidente da Federación Galega da Fútbol trala reunión na que se decidiu que as ligas de fútbol non profesional e fútbol sala comecen a partir do 18 de outubro. Os seis equipos galegos da 2ªB -Coruxo, Pontevedra, Racing de Ferrol, Celta B, Compostela e Deportivo- xogarán no mesmo subgrupo, así que haberá partidos entre os coruñeses e o filial do Celta. Rafael Louzán di que na decisión "houbo consenso e que se fixo con raciocinio"