CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Flávio Trivella, axente de Galhardo: "Thiago débelle moito éxito a Coudet: cando o chamou o acordo resolveuse en menos de 5 días"

30/08/2021 - 15:03 h

Falamos co axente do brasileiro Thiago Galhardo para coñecer mellor o novo dianteiro do Celta. Flávio Trivella conta que contactou con Galhardo cando "tiña 25 anos, xogara en moitos clubs e pasaba por unha situación delicada na súa carreira e decidimos seguir un novo rumbo para relanzala", explica o axente, que cre que Galhardo e Coudet se complementan moi ben e di que o xogador rende mellor como "dianteiro centro".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso