CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Lidia Parada busca en Portugal as competicións que non se organizan en Galicia: "Non deixo escapar ningunha"

30/07/2020 - 15:44 h

Lidia Parada pasou pola Zona mixta para explicar o porqué de tanta visita a Portugal, onde vai acotío: "Onte mesmo estiven en Portugal, e mañá xa me colledes alí de novo. Faltan dous meses para a competición nacional e a Federación Galega aquí non quere activar os adestramentos e en Portugal si que fan competicións, e coa máxima seguridade".

Pediu máis compromiso por parte da Federación Galega de Atletismo: "A Federación parece que xa está 'caendo da burra' e vai organizar a primeira competición a partir do 14 de agosto. En Portugal a verdade é que me abren os brazos e estou encantada. Alí só temos que asinar uns papeis sobre a covid e nada máis, non hai dificultades tampouco para pasar a fronteira e competir alí".

Sobre as razóns de que non se estean a organizar competicións aquí, sinala: "A Federación Galega alega que a Xunta non lles deu un protocolo, pero non é así, desde xuño si que existe, deberían aplicalo e empezar xa".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso