CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Flavio Perchman: "O Touro sae cedido. A nosa intención é que sexa en España. O adestrador nunca confiou nel"

29/07/2020 - 15:32 h

Na Zona mixta estivo o representante do Touro Fernández, Flavio Perchman, para falar da saída do Celta do dianteiro como cedido.

Perchman detallounos a operación en marcha: "Gabriel Fernández, despois de falar con Miñambres e ante a renovación de Óscar, que non contaba con el vai saír cedido. No seu mellor momento xurdiu a pandemia, e a realidade é que sempre saía do banco e xogaba moi poucos minutos. A idea é que siga en España, pode ser en Primeira ou Segunda División".

Concretou o que esperan e tamén por que Gabriel Fernández non triunfou no Celta: "Esa é a intención, logo veremos se se dá. A Gabriel quédanlle tres anos máis no Celta. Dentro do mal ano do equipo, el non destacou. Creo que lle faltou adaptación, en Peñarol era referencia, pero a realidade é que o adestrador nunca confiou nel".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso