Zona Mixta
Özgür Sancar: "O Celta quere recuperar polo menos a metade dos 6 millóns que pagou por Okay en 2018"
En Zona mixta viaxaron ata Turquía para falar con Ózgür Sancar sobre o futuro de Oka Yokuslu, que parece preto de saír de Vigo cara Inglaterra ou Italia: "Okay ten a vontade de saír cara Inglaterra, pero quere xogar na Premier, eu creo que vai marchar este verán. Custou 6 millóns de euros en 2018 e agora o Celta podería conseguir recuperar a metade dese investimento".
Isto detallaba sobre os movementos do seu representante e os intereses que hai por parte do xogador: "O representante negocia con 3 clubs: Watford, outro inglés da Premier e o Parma. Posiblidades de non saír no verán? Podería ser, pero Okay probablemente vai saír este verán e o xogador pensa que o seu estilo de xogo se adapta perfectamente á Premier británica, a pesar da oferta do Parma. A segunda semana de agosto teremos claro todo para el. Na segunda metade de agosto o Celta xa vai ter ofertas económicas sobre a mesa por Okay".
Finalmente, Sancar tamén detallou o futuro de Emre Mor, que non parece ter doada a saída do Real Club Celta, aínda que o club non conta con el: "Teno difícil para saír porque ten mala fama en España e incluso en Turquía e tampouco hai cartos para pagarlle no mercado actual afectado pola pandemia".