CRTVG

Buscar

Zona Mixta

A alcaldesa da Coruña fala na Radio Galega da súa conversa co CSD: "O xusto é que se depuren responsabilidades sobre os que puxeron en risco unha cidade"

27/08/2020 - 15:18 h

Poucas horas antes de que se confirme en que categoría xogará o Deportivo a vindeira tempada, falamos en directo coa alcaldesa da Coruña sobre a conversa que mantivo coa presidenta do Consello Superior de Deportes.

Inés Rey asegura que "non" sabe cal é a decisión do Goberno central sobre o descenso do equipo coruñés e nega que a Administración ofrecese investimentos públicos como suposta compensación. Rey mantén que "o que cumpriu as normas non pode sair prexudicado" e, sobre a Liga e o Fuenlabrada, afirma: "O xusto é que se depuren responsabilidades".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso