CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Pablo Rodríguez, asistente de Emery: “No Villareal cren nos profesionais”

27/05/2021 - 15:04 h

Pablo Rodríguez, o segundo de Emery, exxogador do Racing e campión da Europa pasou por 'Zona mixta' para falarnos de como é gañar un título así: "Foi unha noite moi longa. Descansamos pouco e temos unha serie de actos, pero sen moita cousa. A quenda de penaltis vivina moi emocionado, con incerteza, pero con confianza plena, son optimista por natureza"

Falou do seu posto no Villareal: "O meu cometido é formar parte dun staff moi amplo: eu analizo os rivais. Neste triunfo hai moita preparación, pero tamén acerto persoal, tanto do porteiro, dos que anotan... son moitas cousas. O tema das análises cada vez vai collendo máis importancia, como a psicoloxía, o adestramento de porteiros. Gústame moito a secretaría técnica, como a dirección deportiva. Estou ben en calquera posto relacionado co fútbo. Eu creo que vimos 15-20 partidos de xeito detallado para coñecer ao máximo o rival. O mérito todo é do adestrador, nós quitámoslle algo de traballo, pero el é o que decide na primeira liña. Os que se expoñen son os que están aí: o porteiro, os xogadores, Emery..."

Tamén se lle preguntou pola non convocatoria de Iago Aspas por parte de Luis Enrique: ""Son corporativista en defender os que toman decisións: no tema de Aspas non son obxectivo porque é espectacular e pode estar en calquera selección, igual que Gerard Moreno é moi bo tamén"

Sempre houbo moita calidade no fútbol en Galicia e en todos os apartados, así o dicía Pablo: "Hai moito talento en Galicia tanto en análise, scouting, xogadores, adestradores... todo. O que pasa é que ás veces queremos vivir a cinco minutos da casa e non coller a maleta. Non é o meu caso, sempre tiven claro que tiña que moverme para aprender e crecer"

Rematou facendo unha gabanza sobre o Villareal: "Tanto Emery como os xogadores son fantásticos non só no profesional senón no persoal e forman un grupo excepcional. Eles son os verdadeiros protagonistas e deles é a maior parte do éxito"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso