CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Alfredo Santaelena, adestrador do DUX: "Si que houbo achegamentos para trasladarnos a Ourense, pero esta tempada vai ser practicamente imposible"

26/08/2021 - 15:39 h

O alcalde de Ourense anuncia contactos co DUX Internacional de Madrid, rival dos equipos galegos na nova 1ª RFEF, para o posible traslado do club á cidade das Burgas.

Na Zona Mixta, falamos co seu adestrador, o exdeportivista Alfredo, que confirma que o presidente do DUX valora esa posibilidade, aínda que el ve imposible que se materialice esta tempada: "O DUX é un club humilde -di Santaelena-, non ten infraestrutura de club grande, con instalacións propias, e estas últimas tempadas estivo en varias localidades, intentando asentarse nun sitio onde poida ter unha repercusión social importante".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso