CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Juanjo Vilachá: "Cando me comunican hai un mes que non continuaba, só pensei en acabar o traballo que comecei no Arnoia"

26/07/2021 - 15:55 h

O adestrador do Arnoia, Juanjo Vilachá, pasou polos micros da Zona mixta para contar como foi o ascenso do equipo á Terceira e o futuro que lle espera como novo inquilino do banco do Verín. 

O ascenso complicouse contra un Areas que non se xogaba nada, pero que gañaba 0-2 no descanso. A remonta cambiouno todo ao final: "Foi un pouco un guión de película o de onte, saímos un pouco atenazados dos nervios na primeira metade, pero ao final acabou ben a película. Estamos moi contentos, pero nestes momentos a situación require de coidados na celebración: cea e para casa, hoxe tocaba traballo".

Tamén falou de como lle sentou o anuncio do club de que non continuaba para o ano a un mes do fin da competición, así como do seu futuro o ano que vén: "Cando me comunican hai un mes que non continuaba só pensei en acabar o traballo que comecei. Foi difícil de asimilar e non a entendín. Pero hai que resetearse e os xogadores sempre foron un grupo moi estable e profesional. Eu vou empezar no Verín un proxecto para o ano, oxalá que tamén de ascenso, pero ascender só o fan dous equipos directamente".

 

 

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso