CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Brais Pereiro: “Borja Jiménez coñece perfectamente cada rival. Di: o domingo vai pasar iso; e pasa. Ten todo estudado ao milímetro”

26/05/2021 - 15:08 h

Hoxe pasou por 'Zona mixta' Brais Pereiro, xogador do Bergantiños para falarnos do seu exadestrador no Rápido de Bouzas, Borja Jiménez: "É un tolo polo fútbol, vive por e para ese deporte. O traballo que fai para que os seus equipos vaian ben é incomparable. Fóra do boa persoa que é. Traballa moito e nótase, marca a diferenza co seu traballo intenso no día a día"

Tamén comentou no persoal que o trato cos xogadores é moi próximo: "Sabe diferenciar o persoal do deportivo. Cambiou moito de bancos, si, pero sempre para ir a mellor. Aquí non tivo problema con ningún xogador, despois puido ter con algún como todo o mundo e todos os adestradores. Coñece moi ben ao rival, é tan estudoso e metódico que o leva todo ao milímetro. É un gran adestrador.

Tamén nos falou do seu segundo, co que tamén coincidiu con el no Rápido: "Álex Martínez estivo de director deportivo no Bouzas con el. Sabe moito de fútbol e coñece moitos xogadores. Compaxinado con Borja van facer un gran dúo, como fixeron primeiro no Izarra e logo con nós Bouzas"

Por suposto, tamén nos falou do seu actual equipo, o Bergan, e do seu adestrador: "Estou moi contento aquí en Carballo, e vou seguir outra tempada. Lemos sempre tivo claro que tiñamos que subir a 2ªRFEF. Este ano asegurar a categoría. Se me preguntas diferenzas entre Lemos e Borja Jiménez, vouche dicir unha: no Rápido o céspede permitía un fúbol e outro non, aínda que fose a túa idea. Con Lemos si puidemos desenvolver o fútbol que el quere aquí. Os dous son moi bos adestradores"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso