Zona Mixta
Dacosta nega que agredise dous xornalistas: "Foi unha discusión verbal, nego rotundamente calquera contacto"
Falamos en directo co presidente da U. D. Ourense despois de que dous xornalistas da cidade denunciasen que Ramón Dacosta os agrediu tras o partido no Couto.
"É verdade que ao mellor as formas non foron axeitadas -admite Dacosta- pero foi unha discusión verbal. Nunca houbo ningunha agresión".
Pola contra, un dos xornalistas, José Luis Diaz, ratifícase na denuncia: "A min deume un puñazo e ao meu compañeiro, unha cabezada".