CRTVG

Buscar

Zona Mixta

O Celta pacta a saída de Emre Mor e medita que Okay quede como central

25/08/2021 - 15:02 h

Mércores cargado de noticias no Celta: o club fixo oficial a chegada como cedido do brasileiro Thiago Galhardo, ao tempo que chegou a un acordo para a saída de Emre Mor. Se non hai sorpresas, irá ao Karagümrük de Turquía, o Celta pagará a parte proporcional da ficha polo que vai de tempada e o club turco asumirá o resto.

Mentres, o Celta agarda novas ofertas por Okay Yokuslu. O máis probable é que marche á Premier League pero, se non, di o club, quedaría xogando incluso como central e non se podería fichar outro xogador para esa posición.

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso