Zona Mixta
Solange Pereira volve adestrarse a Galicia: "Na Blume sentinme desprazada"
Malia facer ficha por Canarias a finais do ano pasado, a corredora regresou á que considera a súa casa: vive no norte de Portugal coa súa nai pero adéstrase en Pontevedra co seu técnico de sempre, Carlos Landín.
Quedou desencantada coa súa estadía no centro de alto rendemento de Madrid porque sentiu que non se preocupaban por unha lesión que si que lle curaron aquí.