CRTVG

Buscar

Zona Mixta

O Alondras medita renunciar á Copa Federación: “O que tiña que ser unha ledicia converteuse nun castigo”

24/09/2021 - 15:34 h

Na fase estatal da Copa Federación dezaseisavos de final, ao representante galego, ao Alondras, gañador da fase autonómica, tocoulle unha viaxe moi longa: Leioa (Biscaia). No Zona mixta falaron co seu presidente, Luís Guimeráns, pola posible renuncia á eliminatoria "Dunha alegría, pasamos a un desgusto, o poder ter que renunciar á eliminatoria. Como se ve, a proximidade xeográfica non é un criterio. Non tiñamos prevista esta partida orzamentaria no presuposto aprobado polos socios. Imos falar esta tarde cos xogadores para saber se poden estar sen ir traballar un ou dous días ao seu traballo habitual. E, en todo caso, chegarían en condicións precarias ao seu posto de traballo"

Finalmente, apostaba pola viaxe, pero facendo un esforzo que poderían incluso ter que repetir na seguinte eliminatoria: "Haberá que intentalo, pero é un golpe duro este desprazamento. Hoxe púxenme en contacto coa RFEF e pasou pola miña cabeza non viaxar, pero creo que finalmente haberá que ir a Biscaia"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso