CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Bibi Santiso: "Cando es nai, o adestrador xa non te mira como xogadora, parece que xa non podes ser outra cousa que nai"

24/06/2021 - 15:43 h

Na 'Zona mixta' tamén falaron das xornadas sobre fútbol e muller que este mes se están a desenvolver en Abegondo, 'A terra, o balón mais ellas'. Mañá teñen unha das charlas no Salón Cultural San Tirso, sobre un tema do que se fala pouco: fútbol e maternidade. Estiveron con Bibi Santiso, unha das organizadoras.

Así contaba a súa experiencia: "Había adestradores que non sabían o que era o solo pelviano. Adestrabamos igual que as compañeiras, estando débiles... iso a longo prazo trae unhas consecuencias, xa coñecemos moitos casos. A fisio do Dépor feminino, Sara Pita, vai falar mañá nas xornadas deste tema".

"Se decides ser nai e queres ser futbolista a nivel profesional, seguramente o fútbol determine a túa decisión de non ser nai. A min os primeiros meses afectoume fisicamente e tamén quedas afectada polas decisións dos adestradores"

"Son moi teimuda e seguín adiante. Parecía que che dixeran cando xa empezabas a estar ben: 'Es unha señora maior'. Sara foi nai moito despois ca min e pasoulle un tanto do mesmo"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso