CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Belén Toimil: "Non podo dicir o peso co que me adestro; imaxina se o digo e vou ao Campionato de España e non o fago!"

24/06/2021 - 15:32 h

Na 'Zona mixta' falaron cunha das nosas atletas favoritas, Belén Toimil, sobre os XXOO a un mes de empezar a competir: "Non teño nin idea de cando vou ir ao Xapón. Sei que compito o día 30 de xullo, pero teño informacións cruzadas. Pensaba que ía ir o 25... pero o último que escoitei é que viaxamos a mediados. Sei o equipamento que levo porque o busquei en Google"

O que si que viaxa, é coa pauta vacinal completa. "Xa teño as dúas vacinas postas e estou inmunizada. Non teño efectos... somnolencia, pero creo que iso é normal en min. É certo que os deportistas olímpicos somos uns privilexiados pola prioridade que nos deron. É normal pola xente que se xunta, pero é certo que temos esa prioridade que outros non desfrutan"

E sobre a preparación cara á Olimpíada, comentou: "A miña vida é moi rutineira. As findes a competir para irme rodando. Teño que coller o ritmo de competición como o que tiña en marzo. O meu adestrador e eu estamos facendo un plan de levantar moitos quilos, agora este último mes, menos series para gañar axilidade. Quero coller potencia e explosividade para escachar a bóla. Busco a ilusión en cada adestramento, mentalizándome para a competición. Non é segredo empresarial, pero non podo dicir o peso que lanzo; sería unha cagada se o digo e vou ao Campionato de España e non o fago. Só podo dicirvos que estou moi forte e lanzando moito. Estou moi ilusionada, pero a incerteza, a planificación de non saber viaxe, roupa... estaría moito máis tranquila, a verdade"

Belén saltou aos medios de comunicación nos últimos meses e cre que é positivo para o deporte que practica: "Si que notei máis atención mediática estes últimos meses. Está guai que se coñeza o lanzamento de peso, hai xente que nin sabe que forma parte do atletismo"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso