CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Xurxo Otero: “Aspas debería ser indiscutible, ao mellor estamos todos equivocados”

24/05/2021 - 15:12 h

Hoxe pasou por 'Zona mixta' Xurxo Otero a falarnos do tema do día, a convocatoria de Luis Enrique cara á Eurocopa, en que non hai ningún representante galego nin de equipos de Galicia: "Estou sorprendido, pero menos, pola non convocatoria de Aspas, case que contaba con iso. Luis Enrique é o que ten que tomar a decisión. A maioría non o entendemos, pero isto sempre pode pasar"

Tamén falaba doutros xogadores celestes: "Tanto Brais Méndez, como Santi Mina, incluso Denis Suárez, non fixeron unha boa tempada, aínda que acabaron a moi bo nivel. Pero nin comparación con Aspas, que está moi por riba a tempada que fixo... Leva demostrando durante moitos anos nun equipo como o Celta o indiscutible que debía ser. Non entendo a ausencia de Aspas, ao mellor estamos todos os demais equivocados"

Pero confía en que o exmíster do Celta está a facer o que cre mellor: "O que está claro é que Luis Enrique quere gañar, facer unha boa Eurocopa e chegar á final. El está convencido que cos que leva vai facer o mellor papel posible. Sorprendeume o de que non leve 26, igual que o de Sergio Ramos. Non o entendo"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso