CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Barros, delegado do Deportivo: "O equipo está totalmente centrado en ascender"

24/05/2019 - 15:05 h

Prométenos que cantará unhas habaneiras en antena se o Dépor ascende. E está convencido de que asi será. Juan Ángel Barros, 'Barritos', recibiu un novo premio da Liga polo seu traballo no Deportivo, onde leva xa 28 anos. A el, que o vive dende dentro, preguntámoslle como está o ambiente no vestiario: "Hai que confiar no equipo -asegura-. Eu vexo o equipo totalmente centrado en ascender". 'Barritos' cre que o Dépor ten un "equipo moi compensado" e con "grande ambiente entre os xogadores" e por iso non sabe por que tivo problemas esta temporada. De Martí destaca que, ademais de adestrador, sabe como se sente un xogador porque "deixou o fútbol antes de onte". 

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí