Zona Mixta
O Lugo empeza tentear adestradores para a posible destitución de Eloy Jiménez
A directiva do Club Deportivo Lugo púxose en contacto con algún adestrador para sondar as posibilidades de trocar de técnico.
A posición de Eloy Jiménez está moi debilitada e o club manexa xa, cando menos, tres nomes: Óscar Fernández (ex do Almería), Borja Jiménez (o que foi responsable do Rápido de Bouzas) e o galego Rubén de la Barrera (que estivo adestrando en Qatar).
A decisión podería tomarse a curto prazo.